Mapa de historias

Imos fixar no tempo e no espazo, así como presentar, distintos feitos históricos dos dous últimos séculos que comparten algunha característica común.
1. Escollemos unha temática na que centrarnos. Propoñemos facer un reparto de, cando menos, as seguintes:
- feitos revolucionarios (das revolucións sociais e políticas)
- avances científicos e tecnolóxicos (inventos, construcións…)
- conflitos bélicos (enfrontamentos armados, guerras)
- personaxes destacados (monarcas, políticos, pensadores…)
- feitos incríbeis, curiosos, fazañas colectivas…
- producións das artes (arquitectura, pintura, música…) e as letras
2. Procuramos os feitos históricos máis destacados dese ámbito e facemos unha escolma duns 15 como mínimo, repartidos en toda a franxa temporal dos últimos 210 anos (ou sexa, non poden ser todos da última década, poñamos por caso).
- Fontes: Efemérides (hai que pasar día a día), Cronoloxía e Cronología.
3. Investigamos para poder extraer:
- a data concreta de cada feito escollido (día do mes e ano)
- o espazo xeográfico preciso no que se desenvolveu cada un deles
- os datos básicos necesarios para poder facer unha presentación breve pero explicativa, que teña en conta as causas e consecuencias do que aconteceu
- algunha imaxe e/ou vídeos complementarios
Espazos de apoio: Wikipedia (Idade contemporánea, Contemporánea en Galiza, etc.), CriticalPast.
4. Ao tempo, imos creando as liñas do tempo en Dipity, incluíndo todos os elementos anteriores. Comprobamos que fica ben en cada modo de visión: liña do tempo por defecto, tipo libro-calendario, mapa.
Para ver as posibilidades da ferramenta, poden observarse estas producións:
Unha vez elaborado o mapa temporal, incrústao no teu blogue. Ademais, debaixo liga e presenta -tras velas e realizar as actividades ao completo- estas animacións: as contradicións do mundo contemporáneo e mais unha viaxe polo século XX.
Logo podes repasar aquí.